Contemplou inmóbil e furioso durante varios minutos o pouco que quedara do que fora a Lagoa de Antela ata que un dos seus soldados franquistas chamoulle para marchar. Eu debín seguirlle inmediatamente xa que tiña prohibido separarme da carón do Caudillo, mais os meus pensamentos prohibíromo. Embobado neles, seguín matinando na conclusión a que chegara durante todo ese tempo: Franco desecara a lagoa para atopar a cidade somerxida de Antioquía. Porque todo o interese que mostrara en eliminar a lagoa do mapa, máis o moito que me preguntara sobre lendas ourensás, ademais da colérica ollada que hai uns minutos cravara nestas augas, só podían ter como causa a miña conclusión.

Aínda que o Caudillo non era home de crer en lendas e vellas historias, por que nesta si decidiu crer? Acaso el viu algún resto da mítica cidade perdida na lagoa que dalgunha maneira non logrou conseguir, pero que segue aí?