Correron a carón das tumbas, case sen folgo agocháronse detrás dun panteón. Non se coñecian pero o aburrimento da misa de defuntos e o vento traveso que lle fixo voar a perruca ó cura converteunas en mellores amigas. Un ataque de risa e a mirada asasina das súas nais fixeron o resto. Recuperado o alento, atrevéronse a asexar por entre as cruces cara o camposanto. O luscofusco non as deixaba recoñecer as facianas. Onde estaban a súas nais? Por qué ninguén lles resultaba coñecido?
Sentiron unha voz as súas costas: “Agora xa non estades tan ledas…” Unha caveira sorinte con traxe de cura era a que falaba.
Miráronse cheas de pánico.
Colléronse da man e botaron a correr, caza vez maís rapido, cada vez maís lonxe…