Ela ía naquel bus. Fora das poucas rapazas do curso que non quixera perder aquela viaxe. Moitos non quixeramos ir porque sabiamos que alí non iamos encontrar nada. Non son quen de explicar o acontecido porque eu fun unha das que quedamos na escola aquela outonal mañá de saída.

Non o podo entender, só percibía una mestura de ledicia e tristura nas apertas dos meus compañeiros ó voltar.

Antela quedara alí para sempre. A misteriosa lagoa atrapou a historia e os soños daquela que sentía máis alá do que os seus ollos vían. Sorprendentemente eles estábano a asumir… A tempo pasado quixeron ver algo especial naquela compañeira que tantas gañas lle puxera a aquela saída.

Agora pensar nela é cantarlle á vida. Unha vida que lle arrebataran de maneira cruel hai moitos anos e que agora ía sentir de maneira plena.

Entre bágoas de emoción sinto que volveu ao lugar de onde nunca debeu saír. A fortuna de volver ser animal, vexetación e sobre todo auga.