Galicia, terra de enigmáticas paisaxes e bondade cultural, tamén berce do ditador franquista, capaz de mutilar ao seu propio fogar e aos seus irmáns de sangue nacional.
A Lagoa de Antela, outra das vítimas inxustificadas que sucumbiron na nova ola de desgrazas que trouxo consigo a tiránica figura do Caudillo, eliminada baixo pretextos de maquiavélicos fins económicos. Co seu cadáver desvanecéronse as arquitecturas descoñecidas, as de Antoquía, alagadas polo ben da clandestinidade do ficticio e o lexendario.
A terra agonizando pola falta de humidade vitalícea, o dinamismo de outrora convertiuse no abatido baleiro da natureza morta. As pantasmas da súa arcaica fauna e flora agora poboan a infertilidade terreal, resoando en agonía nun chillido silencioso, ponzoñosa tristeza difuminada polos recordos daqueles que disfrutaron do seu esplendor.
Ninguén da aldea quere acercarse polo temor de ser vítima afogada dos seus choros momentáneos, como sangue cristalina que brota das súas feridas, cheas de ansias de vinganza. Só as paxaros están libres da súa cólera manifesta mentres observan con melancolía dende o ceo.