O domingo é o día máis especial da semana para min. É o día no que vou á aldea cos meus pais.

Ao chegar, ela está alí, sentadiña no seu sofá esperando que vaiamos a saudala, e para dicirme que eu son a súa nena guapa e a súa nena bonita.

A súa cara ilumínase ao verme e as súas palabras sempre emocionan ao meu corazón.

As súas mans suaves e cheas de engurras, acariñan a miña cara. Os seus ollos pequenos, humedecidos pola emoción, míranme cheos de admiración. Semella tan feliz comigo alí…

Pero o tempo pasa e eu non podo facer nada, so desfrutar deses momentos que estou con ela, que a fan e me fan tan feliz. Eu nunca deixo pasar a oportunidade de murmurarlle ao oído, “Dime que me queres bis”.

22 comentarios sobre “Dime que me queres Bis!

  1. Que bonito!!! Parabens Elisa por compartir un momento e un sentimento dunha persoa tan especial <3 e tan ben acompañada…xeracion de Elisa's !!!

  2. O teu relato fíxome volver a miña infancia e recordar as niñas vivencias con “ela” tamén. Moitas grazas Elisa.

Os comentarios están desactivados.