Programa de axudas do Concello de Allariz para o uso de prazas de traballo en BenComún Espazo, co obxecto de favorecer o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas, a xeración de emprego e autoemprego e a dinamización económica do concello.

A finalidade deste Programa é proporcionar un servizo a persoas traballadoras independentes, autónomas e/ou microempresas que requiran dun espazo para desenvolver a súa actividade empresarial -un posto de traballo nun espazo de traballo compartido- en diferentes formatos, segundo a dispoñibilidade de BenComún Espazo.

Cada posto de traballo estará dotado do mobiliario básico, aceso a internet e aos espazos e servizos cos que conta BenComún.

40% axuda: Concello de Allariz | 50% axuda: BenComún Espazo.

Non cumpres cos requisitos para a Axuda do Concello? Chama ou achégate e falamos.

Podedes descargar os seguintes ficheiros con toda a información

Descargar Bases Axudas

Descargar Anexos Solicitude Axuda

Un comentario sobre “Axudas para uso de Espazo de Traballo Compartido – Coworking no Concello de Allariz

Os comentarios están desactivados.