Galería Circular nace como un novo espazo para a exhibición e promoción da obra gráfica, deseño e libro de artista. Arte para o amante e coleccionista de arte.
Dispoñemos dun importante catálogo de obra gráfica contemporánea, dende artistas consagrados a emerxentes.

Ofrecemos a nosa experiencia a profesionais do interiorismo. Gústanos traballar con equipos creativos.
Convidámosvos a coñecer o fascinante e máxico mundo da Obra Gráfica. Inicia a túa propia colección, elixe e inviste nun valor rendible.

Galería Circular mantén, ademais, unha oferta continuada de obradoiros de temática artística, especialmente para público infantil.

galeriacircular.com
facebook.com/galeriacircular

Todo listo para o Obradoiro de Impresión 3D en BenComún Espazo os días 20 e 21 de abril.

Impartido por Ana Gómez Nogueiras (especialista en modelado e impresión 3D), o obradoiro desenvolverase en dúas clases de 3 horas, en dúas xornadas consecutivas:

  • Venres 20 abril: de 17h a 20h.
  • Sábado 21 abril: de 10h a 13h.

Contidos do obradoiro:
Deseño 3D con Tinkercad. Formas básicas. Modelado. Impresión 3D, tipos, aplicacións e materiais. Outras formas de conseguir un modelo.

Prezo (especial 1º obradoiro): 60€ / persoa

Finalizado o curso, BenComún imprimirá os modelos deseñados por vós e avisaravos cando estean, para que pasedes a recollelos.

O alumnado deberá achegar ordenador portátil propio (Windows / Mac). En caso de non dispoñer del, BenComún dispón de portátiles en alugueiro, a un custo especial de 5€ para este obradoiro.

Podedes enviarnos un email a info@bencomun.gal ou ben informarvos nos teléfonos 988 680 892 / 604 003 873. Lembrade avisar se necesitades un dos nosos portátiles.

Ah! Se queredes estar ó tanto dos cursos, obradoiros, concertos e outras actividades que BenComún organice, podedes subscribirvos á nosa lista de correo-e no noso formulario de subscrición, e recibiredes toda a información antes ca ninguén!


A segunda edición do Allariz Debuxado celébrase os días 26 e 27 de xaneiro deste 2018, organizado dende Aira das Letras, Aira Editorial, Punto e Coma, BenComún Espazo, Maruxairas, Galería Circular, Concello de Allariz, EASD Pablo Picaso, EASD Antonio Faílde.
Este ano, ademais das actividades que podedes ver detalladas no cartel, o venres pola noite (Roi Xordo, 23:30h) teremos a sorte de poder gozar do concerto de Víctor Coyote quen, ademais de participar nas xordadas como ilustrador que é, acompañaranos tamén na pel do personaxe e xa mítico músico no que se convertiu na década dos ’80.

Tamén podedes ver toda a información detallada no evento no Facebook de Aira das Letras

2º Allariz Debuxado Coyote Allariz concerto Allariz

A Fundación Vicente Risco inicia un novo ciclo de cine clásico con música en directo da man de Caspervek Trio.
Este ano as sesións desenvolveranse no local de BenComún Espazo onde, como sabedes, contamos cunha zona de proxección moi acaída para este tipo de actividades.

Sesiones: 24 febrero “El héroe del río”, 12 mayo “Tabú”, 22 weptiembre “La máscara de hierro”, 17 noviembre “La pasión de Jeanne d’Arc”

Como en anteriores edicións, podedes solicitar o bono de colaboración coas actividades da Fundación Vicente Risco. Tendes toda a información necesaria no pdf que adxuntamos, e que podedes tamén ver e descargar nesta ligazón da web da Fundación Vicente Risco

Caspervek 2018