O avó aínda era mozo, mesmo conservaba certo aire xuvenil ós oitenta anos. Co seu cabelo ó aire e coa mirada fixa e calorosa. Gustáballe camiñar polo monte, velar polas leiras e ver como as árbores plantadas daban os seus froitos.

A avoa fendía na cama facía tres anos a causa dunha distrofia muscular que lle impedía falar e erguerse por si mesma.  Ela, era “toda a súa vida”. Levaban sesenta anos xuntos, fixéranse o un o outro. O rapaz marchara á capital e acadara un importante posto na empresa estatal de ferrocarrís, o cal enchía o avó de orgullo e a vez de nostalxia.

Aquela mañá María estaba nerviosa, non paraba de moverse cando o avó foi a levantala da cama, e el  toleaba preguntándolle:

-“¿Que tes?, ¿que precisas?”.

En crequenas a carón dela puido escoitar:

-“¡Dime que me queres!”

-“¡Claro amoriño, quérote miña rula!”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *